Skip to main content

As Academias de Farmacia de Galicia e Cataluña celebran un acto institucional coa Facultade

O Salón de Graos da Facultade de Farmacia da USC acolle este venres 25, a partir das 11:00 horas, o acto institucional que organiza o centro xunto coas Academias galega e catalá. A inauguración correrá a cargo do decano da Facultade, Juan José Torres Labandeira, e do catedrático José María Calleja.
No acto intervirá o académico correspondente da Academia de Farmacia de Galicia, Santiago Sanmartín Míguez, co relatorio ‘A Farmacia no Camiño de Santiago’ e o presidente da Real Academia de Farmacia de Cataluña, Miquel Ylla-Catalá Genís, coa conferencia ‘Santa María Magdalena no Camiño de Santiago: de Vécelay a Compostela’. Ao remate todos os asistentes farán un percorrido pola Facultade.

The contents of this page were updated on 09.24.2009.