Skip to main content

Representantes das agrupacións políticas que concorren ás próximas eleccións debaten na USC sobre o estado da ensinanza en Galicia

A Comisión Cultural da Facultade de Ciencias da Educación organiza o vindeiro luns 26 unha charla coloquio na que intervirán representantes das agrupacións políticas que concorren ás vindeiras eleccións autonómicas para debater sobre o estado da ensinanza en Galicia.
O encontro celebrarase entre as 16:30 horas e as 19:30 horas no Salón de Actos da Facultade no Campus Sur coa presenza de representantes do PSdeG-PSOE, BNG, PP de Galicia, EU e UPD.

The contents of this page were updated on 01.23.2009.