Skip to main content

As pezas 'Volta', 'Lazarillo de Tormes' e 'La tempestad', novas funcións en Santiago e Lugo do Festival Internacional de Teatro Universitario

‘Volta (escenas da vida de Adomas Mickevicius en Lituania)’, ‘Lazarillo de Tormes’ e ‘La tempestad’ son as obras que se representarán nos Campus de Santiago e Lugo este xoves 26 dentro da programación do Festival Internacional de Teatro Universitario.
A representación de ‘Volta’ celebrarase a partir das 19:00 horas na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño posta en escena polo grupo Teatro-Studio Palépé da Universidade Técnica Gediminas de Vilnius. Pola súa banda, a obra ‘La tempestad’ de Shakespeare escenificarase a partir das 21:30 horas no Teatro Principal a cargo da Escola Superior de Arte Dramática de Murcia. En ambos os dous casos a entrada é gratuíta previo paso polo despacho de entradas, que abrirá ás 18:30 horas na Sala Roberto Vidal Bolano e ás 18:00 horas no Teatro Principal.
En Lugo a función comezará a partir das 21:00 horas no Auditorio Gustavo Freire, nunha sesión na que o grupo Teatro Rodante da Universidade de Porto Rico representará ‘El lazarillo’, nunha versión do dramaturgo José Luis Ramos Escobar. A obra, dirixida por Dean Zayas, explora os caricaturescas personaxes que interveñen na historia. A montaxe do Teatro Rodante contará con toques dun musical nalgúns momentos da representación.
A entrada igualmente é gratuíta, previo paso polo despacho de entradas que abrirá media hora antes da función. Haberá autobuses para asitir que sairán desde a Escola Universitaria de Formación de Profesorado ás 20:15 horas, e desde o Pavillón Central da Facultade de Veterinaria ás 20:30 horas.

The contents of this page were updated on 03.25.2009.