Skip to main content

Ciencias da Educación celebra este venres o seu patrón Frei Martín Sarmiento

O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acolle este venres 6, a partir das 11:30 horas, a celebración do patrón da Facultade de Ciencias da Educación, Frei Martín Sarmiento, que estará presidida polo reitor Senén Barro. Asisten tamén os directores xerais de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e de Ordenación e Innovación Educativa, Salustiano Mato e María José Pérez, respectivamente.
Logo dunha pequena intervención do decano do centro, Lois Ferradás, terá lugar unha conferencia da profesora Adela Cortina que leva por título ‘Educar para unha cidadanía activa e xusta’.
No transcurso do acto farase ademais entrega dos diplomas aos Premios Extraordinarios de Diplomatura, Doutoramento e Licenciatura, dos II Premios María Barbeito de Educación en Galicia e dos galardóns á Calidade e á Excelencia Lingüística.

The contents of this page were updated on 03.05.2009.