Skip to main content

Unha mostra en Ciencias da Educación repasa as actividades e recursos educativos dos museos galegos

A Facultade de Ciencias da Educación albergará ao longo dos próximos trinta días a exposición ‘Actividades e Recursos educativos dos Museos de Galicia’, mostra que chega á USC logo de percorrer Galicia como complemento dunhas xornadas homónimas.
A exposición recolle material diversos daqueles museos galegos que dispoñen de Departamento de Educación ou Programación educativa estable. Deste xeito, nela exhibiranse plotters, recursos, actividades, oferta educativa e información variada de cada un dos centros participantes.
Esta é unha iniciativa que salienta o papel que os museos deben xogar no desenvolvemento integral dos cidadáns das sociedades nas que están inseridos como depositarios que son do patrimonio natural, artístico, histórico ou arqueolóxico das mesmas.

The contents of this page were updated on 03.12.2009.