Skip to main content

A Facultade de Ciencias Políticas homenaxea ao profesor Vilas Nogueira

Con motivo da xubilación do profesor José Vilas Nogueira, os docentes, alumnos e persoal de administración e servizos da Facultade de Ciencias Políticas renderanlle unha homenaxe este mércores 18, véspera do patrón do centro.
O acto, que terá lugar ás 12:00 horas no Salón de Graos, comezará cunha laudatio do homenaxeado a cargo do profesor Guillermo Márquez Cruz e continuará cunha conferencia do propio profesor Vilas titulada ‘Significado actual da democracia’.
Finalmente descubrirase unha placa que de agora en adiante lle outorga á aula 0.2 da Facultade o nome do profesor Vilas Nogueira.

The contents of this page were updated on 03.17.2009.