Skip to main content

'Andaina pola Matemática' profunda nos aspectos científicos de 'Arcadia' do escritor Tom Sttopard

Concibida como un debate continuo entre orde e desorde, entre clasicismo e romanticismo, entre determinismo e caos, Arcadia é unha das comedias ‘serías’ do escritor Tom Sttopard, ao redor da que se centrará á próxima cita do ciclo de divulgación ‘Unha Andaina pola Matemática’.
Nesta ocasión, os profesores do Departamento de Matemáticas da Universidade de Vigo Carmen Quinteiro Sandomingo e Miguel Mirás Calvo presentarán o relatorio ‘Et in Arcadia Mathematica’, nunha sesión que se vai celebrar o luns 16 a partir das 17:00 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas.
As continuas referencias a aspectos científicos, á literatura, á pintura ou á historia das Matemáticas fan de Arcadia unha peza complexa e, por momentos, difícil de seguir. Ademais dunha presentación da obra, durante a charla os relatores lerán fragmentos de diversas escenas e explicarán os conceptos matemáticos que nelas aparecen.

The contents of this page were updated on 03.13.2009.