Skip to main content

A Aula de Produtos Lácteos presenta o luns os resultados do Proxecto Kempen

A Aula de Produtos Lácteos (APL) da USC presenta o luns 23 os resultados do proxecto ‘Estudo da produtividade e aptitudes tecnolóxicas do leite producido polo sistema Kempen’, no que traballou durante dous anos xunto coa empresa Piensos Nanfor S.A.
O informe da investigación, que se desenvolveu no marco do programa de Recursos Agropecuarios da Consellaría de Innovación e Industria, presentarase ás 12:00 horas na APL no transcurso da xornada ‘O futuro do leite: A diferenciación’. Intervirán Paz Fernández, o profesor da EPS Francisco Sineiro e o investigador catalán Octavi Fargas.
O sistema de alimentación para vacún leiteiro Kempen desenvolveuno o equipo de nutrición de rumiantes de Nanta S.A. e testouse no Rumiant Research Center, da empresa Nutreco en Holanda, na procura dun sistema de manexo que facilite a alimentación do gando.
As vantaxes deste sistema constatadas ata o momento son unha diminución dos custes fixos de produción; a mellora da calidade de vida do gandeiro ao reducir o traballo de alimentación do gando; a mellora da calidade do leite; o incremento da produción e dos índices reprodutivos.

The contents of this page were updated on 03.20.2009.