Skip to main content

O Consello de Goberno da USC reúnese este mércores

O límite de prazas para as titulacións de grao, a convocatoria de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias (SUR), a modificación da RPT do PAS, os calendarios académicos ou a oferta de novos títulos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior son algúns dos puntos que o Consello de Goberno da USC tratará este mércores, día 25.
Na xuntanza, a partir das 10:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, debaterase e someterase a aprobación o regulamento das figuras honoríficas de profesor e investigador Ad Honorem da USC, a convocatoria para estudantes de mobilidade internacional de prazas de aloxamento do SUR, a modificación da RPT do PDI e de titulacións de máster-POP, a convocatoria de prazas da Escola Infantil Breogán e o I Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Ademais da elección de novos membros das comisións do Consello de Goberno, a orde do día da reunión inclúe, entre outros asuntos, os complementos retributivos autonómicos, a corrección de erros na normativa de concesión de licenzas por ano sabático, a convocatoria de axudas á cooperación cultural e ciclos culturais, o cambio de denominación do CEA, a proposta de dirección do Departamento de Enfermaría, os cursos de posgrao propio, a convocatoria de bolsas de comedor 2009-2010, a actualización de prezos para visitantes e congresistas de aloxamento no SUR e a creación de dúas unidades de investigación asociadas ao CSIC.

The contents of this page were updated on 03.24.2009.