Skip to main content

O Festival Internacional de Teatro Universitario porá en escea este mércores pezas procedentes de Lituania, Porto Rico e Rusia

O Teatro-Studio Palépé da Universidade Técnica Gediminas de Vilnius (Lituania) e a compañía Teatro Rodante da Universidade de Porto Rico (Recinto de Río Pedras) toman o relevo na terceira sesión do Festival Internacional de Teatro Universitario en Santiago este mércores 25. En Lugo será a quenda de Moct Teatp da Universidade do Estado de Moscova.
Así, ás 19:00 horas na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño, o Teatro-Studio Palépé representará a peza ‘Volta. (Escenas da vida de Adomas Mickevicius en Lituania)’, unha dramaturxia de Olegas Kesminas. ‘El Lazarillo’ é a obra que subirá a escena o grupo Teatro Rodante, a partir das 21:30 horas no Teatro Principal, nunha versión adaptada por José Luis Ramos Escobar.
LugoParalelamente, no campus de Lugo o festival achegará ao público unha estrea musical. A partir das 21:00 horas no Auditorio Gustavo Freire, o grupo Moct Teatp da Universidade do Estado de Moscova porá en escena o musical ‘Un xeño corrente’, de Vadim Shefner. A obra, que conta a historia dun escritor que vai lembrando momentos inesquecibles da súa infancia e xuventude, representarase en lingua rusa.
A entrada é gratuíta, previo paso polo despacho de entradas que abrirá media hora antes da función. Haberá autobuses para asitir que sairán desde a Escola Universitaria de Formación de Profesorado ás 20:15 horas, e desde o Pavillón Central da Facultade de Veterinaria ás 20:30 horas.

The contents of this page were updated on 03.24.2009.