Skip to main content

O presidente da ONG 'Mi Perú' recolle este martes o Premio Humanitas

O V Premio Humanitas dedicado ás accións solidarias e convocado polo Consello Social e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (AAAAUSC) entrégase este martes 31 ao presidente da ONG ‘Mi Perú’, José Carlos de Miguel Bouzas, pola súa dedicación á formación dos desfavorecidos da aldea do mesmo nome no país americano. A entrega será ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Consello Social (Casa da Concha. Rúa da Conga, 1).
No acto estarán presentes o presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga Pereira; o presidente da AAAAUSC, Perfecto Yebra Martul-Ortega; e o vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, Jose M. Mayán Santos. No transcurso da entrega presentarase a sexta convocatoria do premio que seguirá contando coa mesma dotación económica, 3.000 euros.

The contents of this page were updated on 03.30.2009.