Skip to main content

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visita este sábado a Cidade da Cultura

Un ano máis, a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela visita este sábado, día 28, ás 12:00 horas, a Cidade da Cultura. Os socios que asistan coñecerán o plano arquitectónico levado a cabo por Peter Eisenman e recoñecido como un dos máis grandes complexos do mundo.
Integran este proxecto o Museo da Historia de Galicia e a Casa Mundo (antes denominado Edificio das Novas Tecnoloxías), situado na ladeira occidental máis escarpada; a Biblioteca e a Hemeroteca; o Escenario Obradoiro (chamado Teatro da Música); o Edificio de Servizos Centrais, sito na ladeira leste do complexo; e, por último, as Torres Hejduk, que cunha altura de 25 metros completan o grupo de edificios principais.

The contents of this page were updated on 03.27.2009.