A Fonoteca Universitaria proxecta 'Wagner'
Enmarcada no ciclo Música en Imaxes, a Fonoteca Universitaria proxecta este xoves 19, ás 18:00 horas na súa sede en Ciencias da Comunicación, o documental ‘Wagner’.
Narrada por Kenneth Branagh, a música da obra interprétaa a Praghe Symphony Orchestra baixo a dirección de Roger Norrington e a Berlín State Opera Orchestra baixo a batuta de Daniel Baremboim.