Skip to main content

A Universidade estudará o entorno do Camiño de Santiago nun curso de verán en Sarria

UNIVERSIDADE DE VERÁN DA USC

A Universidade de Santiago celebrará do 27 ao 30 de xullo no salón de actos da asociación cultural La Unión de Sarria o curso de 16 horas lectivas Patrimonio natural e desenvolvemento rural no entorno das serras orientais do Camiño de Santiago en Galicia, co obxectivo de presentar os valores naturais da zona e a súa contribución á Rede Natura 2000.
Neste seminario, dirixido por Elvira Díaz Vizcaíno e José Díaz Fuentes, analizaranse as diferentes alternativas de xestión sostible e desenvolvemento rural, tendo en conta a contribución neste contexto da política sobre o medio rural autonómica.
Así mesmo, avaliarase a incidencia sobre o desenvolvemento rural do novo financiamento europeo e o efecto da integración dos valores culturais e naturais nunha mellora do desenvolvemento rural.
A taxa xeral de matrícula para este curso, que se desenvolverá ata o 30 de xullo, é de 70 euros. Existe un prezo reducido, de 40 euros, para estudantes universitarios, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC. O prazo para a inscrición, tanto a través internet como por vía presencial (ata o 17 de xullo), xa está aberto.

The contents of this page were updated on 06.26.2009.