Skip to main content

Comezou o Verán CampUSC 2009

Nenos e nenas de entre 3 e 12 anos - fillos de traballadores da USC, asistentes a cursos de verán da institución e traballadores da Fundación USC Deportiva- asisten dende o pasado día 23 ao Verán CampUSC 2009, un programa de carácter lúdico, deportivo e educativo que pretende facilitar a conciliación da vida laboral e familiar no período de verán.
No campamento conxúganse actividades deportivas adaptadas á idade dos cativos (predeporte, artes marciais, xogos de estratexia, escalada ou Funky Dance ) impartidas polos monitores da Fundación, con xogos e obradoiros educativos e de lecer a cargo da Escola de tempo libre Don Bosco.
O programa presentáronllo o pasado día 19 aos pais e nais o xerente da Fundación USC Deportiva, Carlos Feijoo, a representante da comunidade universitaria na Fundación, Esther Martínez, e os responsables da Escola Don Bosco.
Verán CampUSC desenvolverase ao longo do mes de xullo e nos primeiros días de setembro, ata o inicio do curso escolar, estando neste momento aberto o prazo de inscrición para a segunda quenda de xullo e setembro. Máis información na web http://www.fundacionuscdeportiva.org/

The contents of this page were updated on 06.26.2009.