Skip to main content

A Fonoteca Universitaria proxecta este xoves 'A Traviata'

Enmarcada no ciclo Música en Imaxes, a Fonoteca Universitaria proxecta este xoves 5, ás 18:00 horas na súa sede en Ciencias da Comunicación, a obra ‘A Traviata’, de Giuseppe Verdi.
Dirixida e deseñada por Franco Zeffirelli, na cinta figuran como intérpretes Teresa Stratas, Plácido Domingo, Cornell MacNeil e Metropolitan Opera Orchestra and Chorus baixo a dirección de James Levine.

The contents of this page were updated on 02.04.2009.