A catedrática Margarita Ledo ingresa na Real Academia Galega
A catedrática de Comunicación Audiovisual da USC Margarita Ledo Andión pronuncia este sábado 7 o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega nun acto protocolario que se celebrará no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia, a partir das 12:00 horas.
‘Do bucle e da fenda: para un ensaio crítico sobre a cultura galega’ é o título do discurso de ingreso, ao que lle responderá en nome da Academia a tamén profesora da USC Rosario Álvarez.