'San Julián de Samos. Arte e patrimonio', nova publicación do grupo de investigación Iacobus
O grupo de investigación Iacobus da USC que estuda o patrimonio cultural presenta este martes, día 10, o libro San Julián de Samos. Arte e patrimonio, resultado do traballo deste equipo que dirixe o profesor e decano da Facultade de Xeografía e Historia Juan Monterroso.
A presentación, que terá lugar ás 13:00 horas na sala de Profesores da devandita Facultade, contará coa presenza do director xeral de Turismo, Rubén Lois; do vicerreitor de Cultura, Elias Torres; do profesor Monterroso; das coordinadoras da publicación, María del Carmen Folgar e Ana Goy; e do prior de Samos, José Luis Vélez.