Skip to main content

O I Concurso Musicrearte de Composición Musical xa ten gañadores

Gañadores do I Concurso Musicrearte de Composición Musical
Gañadores do I Concurso Musicrearte de Composición Musical

Os gañadores do I Concurso Musicrearte de Composición Musical: Cancións para a Educación Musical (Primaria e Secundaria) recolleron este martes na Facultade de Ciencias da Educación os seus correspondentes galardóns.
O primeiro premio do certame recaeu en José Luis Alamancos Couso pola súa canción ‘O swing dos Maestros’, Ángel Acuña Paz fíxose co segundo co tema ‘El blues’, e ao ‘Grin Suin’ de Antía González Ben recoñecéuselle o terceiro.
O concurso, organizado pola Asociación Educativa Musicrearte en colaboración con profesorado da Área de Expresión Musical da Universidade de Santiago, contou cun alto índice de participación que os organizadores agardan se supere en vindeiras convocatorias.
A esta convocatoria podía presentarse calquera persoa cunha composición orixinal, inédita e de temática libre destinada para a educación primaria ou secundaria e con acompañamento de instrumentos escolares.

The contents of this page were updated on 06.17.2009.