Skip to main content

A Facultade de Veterinaria de Lugo celebra os seus 25 anos

No acto presentarase o libro '25 anos da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo (1984-2009)'

O reitor da USC, Senén Barro, e a decana da Facultade de Veterinaria, Ana Bravo del Moral, presidirán os actos de celebración do 25 aniversario desta facultade do Campus de Lugo, que terán lugar este venres 27, dende as 12:00 horas, no auditorio Enriqueta González García do mesmo centro.
Nos actos tamén participarán o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro; o alcalde de Lugo, José López Orozco; o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo; e o presidente do Consello Galego de Colexios Veterinarios, José Uxío Rey.
O programa de actividades comezará coa presentación do libro ’25 anos da facultade de Veterinaria do Campus de Lugo (1984-2009)’, no que participan múltiples autores vinculados ao centro universitario lugués, xunto cunha semblanza da facultade e da profesión veterinaria en Galicia.
A continuación, o xefe da sección de Identificación e Control de Enfermidades do Comité de Saúde Animal, pertencente á Dirección Xeral de Saúde e Consumidores da Unión Europea, Francisco Javier Reviriego Gordejo, impartirá a conferencia ‘Os retos da veterinaria en Europa ante a nova estratexia de sanidade animal e o concepto One Health’.

The contents of this page were updated on 11.26.2009.