Skip to main content

A USC acorda condicións vantaxosas con Alares Human Services na súa tarxeta de servizos de conciliación traballo e familia

O vicerreitor José Manuel Mayán asinou o acordo na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega
O vicerreitor José Manuel Mayán asinou o acordo na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega

A Universidade de Santiago e Alares Human Services, expertos en asistencia familiar, asinaron recentemente un acordo para difundir os servizos de conciliación traballo e familia que ofrece a empresa madrileña, con descontos para a comunidade universitaria.
Con estes convenios preténdese favorecer aos membros da USC ofrecendo produtos e servizos a prezos máis vantaxosos do normal. Neste caso, na contratación dos servizos de Axuda Persoal e Familiar para a Conciliación da Vida Persoal, Familiar e Laboral a través da tarxeta Alares da que se poderán beneficiar os seus titulares ou os cónxuxes ou parellas e fillos.
A tarxeta contempla servizos como axuda domiciliaria; tratamentos especializados; profesor a domicilio; teleasistencia fixa e móbil con localización xeográfica; consultas telefónicas ilimitadas e anónimas a médicos, avogados, psicólogos, dietistas e expertos sociais; selección de persoal socio-sanitario, coidadores de nenos e servizo doméstico; segunda opinión médica internacional ante enfermidade grave; asistencia telefónica ou remota en informática e tecnolóxica doméstica no fogar; e xestión de reparacións no fogar e xestións diversas.

The contents of this page were updated on 06.08.2009.