Skip to main content

A promoción 1952-1959 de Medicina celebra as súas Vodas de Ouro

A promoción 1952-1959 de Medicina celebran estes días as súas Vodas de Ouro cun abano de actividades que dará comezo este mesmo xoves 11 cunha cea conmemorativa.
Xa o venres 12 e logo dunha ofrenda ao Apóstolo, celebrarán un acto académico a partir das 13:00 horas na propia Facultade de Medicina, onde os recibirá o decano deste centro compostelán, José M. Fraga Bermúdez. Posteriormente, os integrantes da promoción descubrirán unha placa conmemorativa no Recanto da Saudade no Campus Sur. Alí serán recibidos por un representantes da xunta directiva da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC.

The contents of this page were updated on 06.11.2009.