Skip to main content

Analízase por primeira vez de maneira global a cuestión agraria e o asociacionismo rural en España desde a Restauración á Guerra Civil

A Universidade de Santiago e as Fundacións Luís Tilve e Pablo Iglesias organizan entre os días 1 e 4 de xullo o I Curso sobre Agrarismo titulado ‘Entre a revolución e a reforma: cuestión agraria e asociacionismo rural, 1874-1939’, sendo a primeira vez que en España se analiza esta cuestión atendendo a cada unha das particularidades rexionais.
Os detalles do curso avanzaranos en rolda de prensa este xoves, 11 de xuño, o vicerreitor de Política Internacional, Agustín Merino, o presidente da Fundación Luís Tilve, Xesús Mosquera, e o profesor de Historia Contemporánea da USC Miguel Cabo Villaverde. A presentación será ás 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
Este encontro académico ten a súa orixe no proxecto de investigación ‘Diccionario biográfico do socialismo español’ que tenta profundar nas distintas vertentes da historia do movemento obreiro.

The contents of this page were updated on 06.10.2009.