O enxeñeiro controlador da NASA Grandela Durán explica en Sargadelos as investigacións da lúa
A Galería Sargadelos de Santiago será escenario este xoves 5 da conferencia que José Manuel Grandela Durán, enxeñeiro controlador da NASA, impartirá a partir das 18:00 horas baixo o título ‘A investigación da Lúa polo home’. O acto enmárcase na longa lista de actividades organizadas polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC para conmemorar o Ano Internacional da Astronomía.
Por outra banda, no segundo andar da Galería Sargadelos está aínda aberta ao público a exposición sobre Ramón María Aller xunto cunha interesante mostra filatélica sobre temas astronómicos. Precisamente o relator da conferencia é un gran afeccionado e propietario dunha das mellores coleccións de filatelia astronómica de España, exposta na sala.