Skip to main content

Docentes de Didáctica das universidades españolas reúnense na USC

José Gimeno Sacristán clausura este venres a xuntanza

Máis de cincuenta profesores das Áreas de Didáctica das universidades españolas asisten estes días en Santiago á súa xuntanza anual na Facultade de Ciencias da Educación, no Campus Sur.
O encontro inaugurouno o profesor Miguel Zabalza cunha reflexión acerca dos desafíos para os vindeiros anos. Seguiulle Miguel Santos cunha charla sobre os baremos e criterios de avaliación da CNEAI.
Xa pola tarde, logo dunha mesa redonda sobre o futuro e liñas editoriais das revistas da área, ten lugar unha reunión de traballo sobre o papel da Didáctica nos novos planes de estudo e nas novas titulacións Educación Social, Pedagoxía, Maxisterio e másteres.
Clausura Será o catedrático da Universidade de Valencia José Gimeno Sacristán quen este venres 6 clausure a xuntanza ás 9:30 horas co relatorio ‘Novas políticas de avaliación da Aneca’. Gimeno colaborou no seu día co Ministerio de Educación no desenvolvemento da LOGSE, cun modelo educativo baseado na coñecida como Liña de desenvolvemento curricular.

The contents of this page were updated on 11.05.2009.