Skip to main content

Presentación do VII Encontro de investigadores sobre o franquismo

Desde hai case vinte anos celébrase en distintos puntos de España o Encontro de Investigadores sobre o franquismo. Nesta ocasión, a sétima edición correspóndelle ao Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC en colaboración coa Fundación 10 de Marzo.
O programa deste VII Encontro, que se desenvolverá en Santiago entre os días 11 e 13 de novembro, presentarano en rolda de prensa este martes 10, ás 11:00 horas na Sala de Prensa de Fonseca, o profesor da Universidade de Santiago Daniel Lanero e o director da área de Historia da Fundación, Víctor Santidrián.

The contents of this page were updated on 11.09.2009.