Skip to main content

Propostas dos roteiros da Área de Deportes para novembro

As dúas próximas citas dos Roteiros por Compostela que organiza a Área de Deportes da USC no presente mes de novembro transcorrerán polos parques e xardíns de Santiago ademais dunha actividade nocturna, a subida ao Pedroso.
O percorrido polos parques e xardíns partirá da Alameda de Santiago o día 16 de novembro a partir das 17:00 horas para transcorrer ao longo de entre 8 e 10 quilómetros. As persoas interesadas xa se poden inscribir, debendo aboar cinco euros.
Pola súa banda, a subida ao Pedroso de noite levarase a cabo o 26 de novembro saíndo da Piscina Universitaria ás 20:00 horas. O trazado terá unha lonxitude de entre 8 e 10 quilómetros, sendo necesario ir provistos de lanternas.

The contents of this page were updated on 11.12.2009.