Skip to main content

Presentación do VII Encontro Universitario de Danza Contemporánea de Lugo

Os representantes das cinco institucións que conforman o Convenio Lugo Cultural presentarán este mércores 15, ás 11:30 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría do Campus de Lugo, a sétima edición do Encontro Universitario de Danza Contemporánea que se celebrará na cidade os días 22 e 23 deste mes.
Nesta presentación intervirán a vicerreitora de Cultura da USC, Elvira Fidalgo; o xefe de Servizo de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia, Rafael Vizcaíno; o delegado da área de Cultura da Deputación Provincial, Antonio Veiga; o responsable da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez, e un representante do Concello. Tamén estará presente Juan Carlos Zahera, o responsable do Espazo de Danza da USC e coordinador do evento.

The contents of this page were updated on 04.14.2009.