Skip to main content

Arrinca o luns o curso de Comedia da Arte no Campus de Lugo

O curso de Comedia da Arte comeza o luns 13 na aula de Teatro e Danza da Facultade de Veterinaria, organizado pola Vicerreitoría de Cultura dentro do programa cultural Espazos.
A actividade, que se desenvolverá os días 13, 14, 15, 20, 21, 22, 27, 28 e 29 de abril pola tarde, de 19:00 a 20:00 horas, ten unha duración de 27 horas e ten cubertas todas as prazas.
Durante as clases, que estarán impartidas polo actor Avelino González, achegarase aos alumnos a caracterización e o estudo dos personaxes na comedia da arte, coñecida tamén como teatro de improvisación, no que cada actor conta cun repertorio de frases a partir das cales se constrúe un personaxe.

The contents of this page were updated on 04.08.2009.