Skip to main content

Acto de graduación da promoción 03-09 da Licenciatura en Medicina

O vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayán, presidiu este mércores 15 o acto de graduación da promoción 03-09 da Licenciatura en Medicina, coa participación de máis de 250 futuros profesionais.
O acto contou coa participación do profesor Miguel Gelabert González como padriño da promoción, ao que lle seguiron na quenda de intervencións Rosa Novoa Martín e Arturo Espinosa Gallego, en representación do alumnado. Logo da entrega de diplomas conmemorativos e da intervención do decano da Facultade compostelá José Mª Fraga, Federico Curt deu lectura á Declaración de Xenebra.

The contents of this page were updated on 04.15.2009.