'Darwinismo e sociedade', mesa redonda no Paraninfo da Universidade
Conmemorando o Ano Darwin, a Universidade de Santiago continúa este xoves 23 co seu ciclo de conferencias e debates no Paraninfo da Universidade, na facultade de Xeografía e Historia.
Nesta ocasión, ás 19:30 horas e moderado polo catedrático Francisco Díaz Fierros, participarán nunha mesa redonda titulada ‘Darwinismo e Sociedade’ Marilar Aleixandre, Virgilio García Trabazo e Alfredo Iglesias.
O debate poderá seguirse no Campus de Lugo por videoconferencia dende a Sala de Prensa do Pazo de Montenegro (Praciña da Universidade).