Skip to main content

Ciencias Económicas e Empresariais celebra o seu patrón recoñecendo o labor de Televés

José Gabriel Barreiro e Ramón Bescansa recollen a insignia de ouro da USC e o Premio Fulget 2008, respectivamente

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC celebra este xoves 23 o seu patrón, San Vicente Ferrer, cunha serie de actos nos que se recoñecerá o labor de Televés.
Será o reitor Senén Barro quen comece a celebración, ás 12:00 horas no salón de graos do centro, impoñéndolle a insignia de ouro da USC a José Gabriel Barreiro Pérez, conselleiro delegado da empresa compostelá que foi profesor da Facultade ademais de formar parte do Consello Social da Universidade. O profesor Justino Bastida presentará ao homenaxeado.
Deseguido a decana entregaralle ao presidente de Televés, Ramón Bescansa, o premio Fulget 2008 en recoñecemento á súa colaboración en accións encamiñadas a mellorar as relacións entre a actividade académica da facultade e a súa contorna profesional. Na súa primeira edición o premio foille concedido á Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.
Entrega de diplomasContinuando coa celebración do patrón do centro, no mesmo acto terá lugar a entrega de diplomas aos gañadores dos IV Premios á Calidade Lingüística dos Traballos Académicos, aos Premios Extraordinarios de Doutoramento do curso 2006-2007 e aos Premios Extraordinarios de Licenciatura 2007-2008.

The contents of this page were updated on 04.22.2009.