Skip to main content

O novo libro de Xesús Rodríguez revisa a opinión dos profesores respecto dos materiais curriculares en Galicia

O profesor de Didáctica e Organización Escolar da USC Jesús Rodríguez acaba de editar o libro Os materiais curriculares en Galicia, obra que “achega a percepción que os profesores de Galicia teñen sobre o estado xeral dos materiais curriculares impresos elaborados para a súa práctica docente”, sinala o autor.
Nas páxinas deste libro, froito da tese de doutoramento do autor, o lector atopará unha aproximación á opinión do profesorado para dar a coñecer as súas valoracións acerca dos recursos e materiais pensados para o seu uso. Trátase, en opinión do profesor Rodríguez, dunha cuestión de especial relevancia na medida en que os materiais didácticos en formato impreso, “e dun xeito especial os libros de texto”, continúan a ser un dos principais recursos para a tarefa docente do profesorado, “se non o principal recurso en moitos casos”.

The contents of this page were updated on 10.27.2009.