Skip to main content

Os Coloquios en Compostela 2009 porán de actualidade 'Os exilios na Europea Mediterránea'

Os Coloquios en Compostela que organiza anualmente a Cátedra Unesco 226 sobre Migracións da USC estarán dedicados en 2009 ao tema ‘Os exilios na Europea Mediterránea’.
Ao longo das xornadas dos días 12 e 13 de novembro, analizaranse no Paraninfo da Universidade na Facultade de Xeografía e Historia, aspectos relativos aos exiliados e refuxiados galegos en Portugal, exiliados e exilios na España moderna, a situación de mestres e pedagogos cataláns exiliados en México ou os fluxos migratorios dende Italia nororiental cara a América en tempo da guerra fría.
A conferencia inaugural pronunciaraa o profesor Xosé Manoel Núñez Seixas e leva por título ‘Éxodos, exilios, migracións: reflexións dende os casos español e galego’.

The contents of this page were updated on 10.27.2009.