Presentación do programa 'Profesionais Dixitais'
O reitor da Universidade de Santiago e vicepresidente da CRUE, Senén Barro, acompañado do director xeral de red.es (entidade dependente da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información), Sebastián Muriel Herrero, presentarán este xoves 22 os detalles do proxecto da Universidade de Santiago financiado polo programa ‘Profesionais Dixitais’. O acto comezará as 12:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca e nel tamén está prevista a presenza do subdelegado do Goberno na Coruña, José Manuel Pose, e dun representante da Xunta de Galicia.
A iniciativa da Universidade compostelá contempla a creación dun Centro de Produción e Experimentación de Contidos Dixitaiscon diferentes unidades dedicadas á formación, a produción audiovisual, a produción e experimentación 3D, os videoxogos, a pos-produción, o almacenamento e a difusión de contidos dixitais.
Este proxecto, de entre os 21 presentados por universidades de todo o Estado, é o que acadou un maior financiamento, 1,15 millóns de euros, fronte aos 0,6 millóns de euros que obtivo o seguinte proxecto financiado. Logo da presentación aos medios de comunicación, o proxecto presentarase a representantes de preto de corenta empresas do sector para coñecer con máis detalle o seu alcance.