Skip to main content

A Área de Deportes da USC organiza dúas rutas de sendeirismo por Betanzos e Cabo Touriñán

A Área de Deportes da USC desenvolve este mes as súas primeiras propostas para practicar sendeirismo este curso cunha serie de percorridos por Cabo Touriñán e en Betanzos ao longo do río Mandeo, así como dous roteiros, un polo río Sarela e unha subida ao Pedroso pola vertente norte.
Deste xeito, a primeira das rutas de sendeirismo será o vindeiro día 17 cun percorrido de 16 quilómetros por Cabo Touriñán. As persoas interesadas poden inscribirse ata o próximo 14 de outubro. Trátase dun percorrido de dificultade e desnivel baixo. A este seguiralle un ruta polo río Mandeo en Betanzos ao longo de 19 quilómetros cun desnivel e dificultade media. Neste caso, a inscrición pode formalizarse ata o 28 de outubro.
Polo que respecta aos roteiros, son dúas as propostas da Área de Deportes, a primeira o xoves 15 partirá da Casa de Europa para facer unha subida ao Pedroso cun percorrido de entre 8 e 10 quilómetros. Seguiralle outra o día 22 ao longo do río Sarela con similar lonxitude, partindo da Capelo do Carme.

The contents of this page were updated on 10.09.2009.