Skip to main content

O profesor Manuel Castells reflexiona na USC sobre o papel da Universidade na era da información

O profesor Manuel Castells chega este xoves 15 á Universidade de Santiago onde vai impartir unha conferencia na que indagará sobre ‘A Universidade na era da información’. Esta intervencións vaise celebrar a partir das 19:00 horas na Sala de Debates do Centro de Estudos Avanzados da USC.
Profesor da Universitat Oberta de Catalunya e catedrático emérito de Socioloxía e de Planificación Urbana e Rexional da Universidade de California (Berkeley), Manuel Castells foi profesor visitante en quince universidades ao redor do mundo e conferenciante convidado en centenares de institucións académicas e profesionais en 43 países.
É autor de 19 libros entre os que se atopa a triloxía La era de la información: cultura, economía y sociedad publicada en 23 idiomas. Tamén é coautor e editor doutros 22 títulos.

The contents of this page were updated on 10.14.2009.