Skip to main content

Xornada da Aneca en Políticas sobre o deseño de novos títulos e a avaliación de resultados

As Vicerreitorías de Calidade e Planificación e de Oferta Docente e EEES organizan este xoves 15 unha xornada sobre o deseño de novos títulos e seguimento e avaliación de resultados enmarcada no programa ‘Encontros sobre Calidade na Ensinanza Superior’ da Aneca.
A xornada inauguraraa no salón de actos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais o reitor Senén Barro ás 9:45 horas para dar paso ao relatorio do coordinador de Innovación da Aneca, Eduardo García, titulado ‘O seguimento de títulos: implicacións e desafíos’. Deseguido intervirá do director da Axencia pola calidade do Sistema Universitario Galego (Acsug), Eduardo López Pereira, quen falará dos indicadores para o seguimento de títulos.
O obxectivo do encontro é coñecer cales han de ser as pautas de seguimento e os resultados clave que hai que considerar para demostrar a eficacia do deseño dos novos títulos unha vez que foron implantados. Para iso, durante toda a xornada participarán expertos e responsables universitarios de toda España, que debaterán co persoal das Unidades Técnicas de Calidade da USC acerca dos aspectos máis reseñables.

The contents of this page were updated on 10.14.2009.