Skip to main content

Continúa en Lugo a Semana de Benvida coa actuación de Xacobe Martínez

As actividades da Semana de Benvida 2009, organizadas dentro do Convenio Lugo Cultural, continúan este xoves 22 coa actuación de Xacobe Martínez, que presentará o seu novo proxecto ‘A Tribu. Unha volta ás raíces’ ás 20:30 horas, na Praza de Santa María.
Martínez, que estaráacompañado polos músicos Rosolino Marinello, Manuel Cebrián, Max Gómez e David González, ofrecerá un espectáculo de creación musical colectiva, con improvisacións, jazz e con acenos ao rock, funk, hiphop e o groove.
En caso de choiva, o concerto trasladarase ao Auditorio Gustavo Freire. Habilitaranse para as persoas interesadas en asistir autobuses que sairán desde a Facultade de Veterinaria, ás 20:00 horas, e desde a Escola Universitaria de Formación de Profesorado, ás 20:15 horas.

The contents of this page were updated on 10.21.2009.