Skip to main content

A Rede temática de Física do LHC celebra a súa primeira xuntanza

Esta rede, que coordina Bernardo Adeva, aglutina a todos os grupos e institucións españolas relacionadas co traballo realizado no LHC do CERN

A Rede temática de Física do LHC celebra este días en Granada a súa primeira xuntanza como colectivo que aglutina a todos os grupos e institucións españolas relacionadas co traballo realizado no Large Hadron Collider (LHC) do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN). Coordina esta rede o profesor da USC, Bernardo Adeva, que asiste á xuntanza en Granada xunto a outros investigadores da USC como José A. Hernando, Diego Martínez, Néstor Armesto ou Carlos Pajares.
Na xuntanza, que se estenderá dende este mércores ata o próximo venres 30, os físicos presentes reflexionarán sobre as estratexias de análise dos datos que en breve estarán dispoñibles procedentes do LHC e as perspectivas que se abrirían ante descrubrimentos de nova física.
A participación española nos proxectos do CERN é moi destacada, tanto no ámbito da Física Experimental, xa que se construíron partes relevantes dos experimentos, como no da Física Teórica de partículas experimentais. Xunto aos investigadores, danse cita en Granada os xestores do programa Nacional así como os directores dos institutos máis importantes involucrados, entre eles o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías.

The contents of this page were updated on 10.28.2009.