Skip to main content

Gestal Otero fala nunha charla do proxecto científico do grupo de Epidemioloxía, Saúde Pública e Avaliación de Servizos de Saúde

O catedrático da USC e xefe de servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública do CHUS, Juan Jesús Gestal Otero, presenta este xoves 2 de abril en Santiago o proxecto científico do grupo de investigación Epidemioloxía, Saúde Pública e Avaliación de Servizos de Saúde.
O relatorio, enmarcado nas sesións de investigación do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, terá lugar ás 13:30 horas na Aula 1 do CHUS.

The contents of this page were updated on 04.01.2009.