Skip to main content

O Consello de Goberno da USC celebra a súa última xuntanza deste curso

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago reúnese este mércores 22 na que é a última xuntanza deste ano académico. Será ás 9:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
Someteranse a análise e, se procede, a votación os Sistemas de Garantía Interna de Calidade dos Centros da USC, a modificación da relación de postos de traballo do PAS, a relación dos profesores eméritos e prórrogas para o curso 2009-2010, a modificación da normativa de selección de PDI contratado e a avaliación da súa actividade investigadora, as prazas do Prazas de PDI, así como os complementos retributivos autonómicos.
Outros puntos a tratar na reunión son a modificación puntual do regulamento de grupos de investigación, a oferta nos Programas Isidro Parga Pondal e Angeles Alvariño, a modificación das normas de xestión académica e da normativa básica de ordenación do proceso, o calendario cos criterios para presentar propostas a másteres e o regulamento da RIAIDT.
Na xuntanza darase conta ademais do apoio da USC á celebración do 50 aniversario da Edición de Santiago de La Voz de Galicia e da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade.

The contents of this page were updated on 07.21.2009.