O Consello de Goberno da USC celebra a súa última xuntanza deste curso
O Consello de Goberno da Universidade de Santiago reuniuse este mércores no Colexio de San Xerome na que foi a última xuntanza deste curso académico.
Este órgano de goberno deulle o visto bo aos informes dos Sistemas de Garantía Interna de Calidade de sete centros do Campus de Santiago e á modificación da relación de postos de traballo do PAS, de acordo a un estudo realizado da plantilla e das necesidades da Universidade que concluíu en febreiro de 2009.
Profesores eméritosO Consello de Goberno aprobou ademais a concesión do recoñecemento da categoría de eméritos aos profesores José María Isidro, Manuel José Botana, Perfecto Yebra, Gonzalo Vázquez, Ramón Lorenzo, José Luis Barreiro, Antonio Rodríguez Colmenero, Rafael Tojo, José Miñones, Miguel Ángel Ríos, Luis Castedo, Juan Luis Pintos e Herminio Barreiro; ademais da prórroga a José Vilas Nogueira, Francisco Puy, Xosé Manuel Beiras e José Cabezas.
Outros asuntosNa xuntanza trátase tamén a modificación da normativa de selección de PDI contratado e a avaliación da súa actividade investigadora, as prazas de PDI así como os complementos retributivos autonómicos de recoñecemento de cargos de xestión.
Outros puntos a abordar son a modificación do regulamento de grupos de investigación, a oferta nos Programas Isidro Parga Pondal e Ángeles Alvariño, a modificación das normas de xestión académica e da normativa básica de ordenación do proceso, o calendario cos criterios para presentar propostas a másteres e o regulamento da RIAIDT.
Por último, deuse conta do apoio da USC á celebración do 50 aniversario da Edición de Santiago de La Voz de Galicia e da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade.