Skip to main content

José Manuel Silva fala en Económicas da política de investigación fóra de Europa

O director xeral de I+D da Comisión Europea, José Manuel Silva Rodríguez, participa este venres 10 no curso de posgrao en Economía e Xestión da Innovación coa conferencia ‘A política de investigación fóra de Europa e as relacións con outros países’. A intervención será ás 16:30 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
O posgrao en Economía e Xestión da Innovación, que organiza o grupo ICEDE da USC e dirixe o catedrático de Economía Aplicada Xavier Vence, ten como obxectivo contribuír ao fortalecemento das capacidades do sistema de innovación mediante a formación de especialistas na xestión da investigación e da innovación, coa finalidade de profesionalizar e aumentar a capacidade de organización e xestión eficiente dos recursos dedicados á innovación e a creación de coñecemento.
Este curso, que vai pola súa IX Edición, aborda, entre outros, aspectos relacionados co deseño de proxectos de investigación, coa súa avaliación e a xestión dos seus resultados científico-tecnolóxicos. Especial relevancia ten a avaliación de proxectos de innovación empresariais e a creación de empresas de base tecnolóxica. O curso tamén inclúe contidos específicos para a formación de xestores de programas nos organismos de planificación e xestión de políticas de I+D e innovación.

The contents of this page were updated on 07.09.2009.