Skip to main content

Un recital do Orfeón 'Terra a nosa' pecha o ciclo 'Músicas ao carón da Mosqueira' en Lugo

Un obradoiro de música antiga a cargo do Orfeón Caixa Galicia ‘Terra a nosa’ pechará, o luns 14 de decembro ás 21:00 horas no Círculo das Artes, o ciclo de música clásica ‘Músicas ao carón da Mosqueira’ organizado por Lugo Cultural.
O Orfeón, dirixido por Miro Moreira, ofrecerá un recital de música relativa ao apóstolo Santiago e á catedral compostelá baixo o título ‘In festo Sancti Iacobi Apostoli’. Neste recital, que terá entrada gratuíta, a agrupación recuperará a riqueza musical e os ritos vinculados coa misa e os oficios relixiosos que aparecen no Códice Calixtino.

The contents of this page were updated on 12.11.2009.