Skip to main content

Uninova inicia o curso con tres actividades formativas gratuítas para emprendedores en activo e traballadores en xeral

A incubadora de empresas da USC, Uninova, inicia este período académico coa organización dunha serie de tres cursos gratuítos destinados a emprendedores en activo e traballadores en xeral. Organizados por Uninova en colaboración co Bic Galicia, as tres propostas formativas abordarán a ‘Fidelización e Captación de Clientes’, ‘Conceptos Básicos de Fiscalidade’ e ‘Produtos Financeiros e Financiación na Peme’, todos eles en horario de tarde. As persoas interesadas aínda poden inscribirse ata o próximo martes 22.
O primeiro deles, ‘Fidelización e Captación de Clientes’, celebrarase o 1 de outubro co obxectivo de mellorar e desenvolver as actitudes e habilidades necesarias para prestar un servizo de calidade na empresa. Neste senso, o curso tratará de ofrecer estratexias para enfocar o servizo en función das características do cliente, aprender as técnicas de trato personalizado con cada cliente, destacar a importancia de manter aos clientes fieis á empresa e incorporar as ferramentas necesarias para a súa fidelización.
Esta acción formativa desenvolverase ao longo dunha sesión de catro horas de duración en horario de 16.00 a 20.00 horas. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden dirixirse a Uninova no teléfono 981.56.31.00, extensión 15593 ou no enderezo de correo electrónico info [at] uninova.org (info[at]uninova[dot]org).
Os restantes cursos celebraranse os vindeiros meses, comezando o 22 de outubro co relativo a ‘Conceptos Básicos de Fiscalidade’, e rematando os días 10 e 12 de novembro co de ‘Produtos Financeiros e Financiación na Peme’.

The contents of this page were updated on 09.18.2009.