Arriscada aposta expositiva dos alumnos do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da USC
Dezaseis alumnos do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da USC, no que colaborou o CGAC, inician un proxecto de investigación urbana titulado Topografías do invisible na Fundación Gonzalo Torrente Ballester de Santiago.
A exposición aposta por un arriscado carácter procesual de xeito que ao longo de dúas semanas incorporará progresivamente novos elementos á montaxe no espazo, concibido a un tempo como lugar de traballo e de exposición. Só o 30 de setembro, no momento final da clausura, a investigación completarse e será posible unha lectura conclusiva da mesma.
En Topografías do invisible cobran protagonismo lugares do casco histórico de Santiago de Compostela relevantes en tanto que espazos vividos, con historias únicas que bordean persistentemente o deterioro e a desaparición.
A mostra completarase cun obradoiro didáctico pensado para nenos de entre 9 e 12 anos que se converterán en artistas participantes. O taller, totalmente gratuíto, desenvolverase o sábado 19 de setembro ás 11:30 da mañá. As inscricións poden realizarse no correo electrónico fgtb [at] fgtb.org (fgtb[at]fgtb[dot]org) ou no teléfono 981 552 304.