A USC asina convenios de colaboración cos Colexios Profesionais de Galicia de Enxeñaría e Enxeñaría Técnica en Informática
O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, asinará este mércores, 2 de setembro, dous convenios co fin de favorecer o desenvolvemento da Enxeñaría Informática e Técnica en Galicia e o seu achegamento á realidade profesional e social.
Para iso, establecerase unha colaboración continuada cos Colexios Profesionais de Galicia de Enxeñaría e Enxeñaría Técnica en Informática, cuxos presidentes, Fernando Suárez Lorenzo e Miguel Abad González, acoden a San Xerome este mércores, ás 13:00 horas, a asinar os devanditos acordos.