Skip to main content

O Centro Tecnolóxico Lácteo exportará a súa tecnoloxía na elaboración de queixos aos países rusos

Unha trintena de empresarios rusos visitaron o Centro Tecnolóxico Lácteo
Unha trintena de empresarios rusos visitaron o Centro Tecnolóxico Lácteo

O Centro Tecnolóxico Lácteo (CTLácteo) exportará a súa técnica para elaborar un queixo tradicional ruso chamado tvórog, que se comercializará nos países da ex Unión Soviética a través da empresa española Perinox. Esta firma, con implantación no mercado ruso, redeseñará e adaptará as súas instalacións para aplicar este novo método, que consiste no aproveitamento da proteína do suero para a elaborar o queixo. Na actualidade, o CTLácteo está a facer unha remodelación desta tecnoloxía para elaborar este tipo de produtos.

Os resultados dos traballos desenvolvidos con éxito pola spin-off da USC, Innolact, déronse a coñecer este luns 7, no transcurso dunha xornada formativas no CTLácteo, á que asistiu unha trintena de empresarios rusos, a maioría propietarios e directores técnicos de empresas lácteas, así como representantes de estruturas universitarias.
A xornada comezou cunhas palabras do vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero. A continuación, o director do CTLácteo/Aula de Produtos Lácteos (APL), Juan Méndez Dónega, ofreceu a conferencia titulada ‘Cadea de valor e innovación’. Seguiulle a intervención do técnico do centro Luis Aldeanueva Potel, que falou sobre ‘Avances da tecnoloxía queixeira por ultrafiltración. Cuajadas lácticas. Tvorog. Filadelfia’. A quenda de conferencias rematou co responsable da área de I+D+I do CTLácteo/APL, Sergio Martínez Alonso, e o técnico Alfonso Pérez Quintás, que falaron sobre a elaboración de queixo enzimático por ultrafiltración. Os empresarios rusos tiveron ademais a oportunidade de observar nunha sesión práctica a aplicación desta técnica na planta piloto do CTLácteo.
O programa destas xornadas tecnolóxico-lácteas ruso-españolas, que se realizan en colaboración con tres empresas tecnolóxicas españolas con implantación no mercado Ruso (Perinox, Efabind e Indima), continuarán ata o xoves 10, con visitas a Industrias Lácteas San Vicente (León) o día 8 e a Leyma (A Coruña) o día 9.

The contents of this page were updated on 09.07.2009.