Skip to main content

O Idis organiza un coloquio sobre a eficacia das vacinas fronte ao virus do papiloma humano

Dous expertos en vacinas e xinecoloxía participan este mércores, día 9, nun coloquio no que se analizará a seguridade e eficacia das vacinas fronte ao virus do papiloma humano.
A sesión, coordinada pola Unidade de Investigación en Vacinas do Grupo Galego de Xenética, Vacinas e Investigación Pediátrica do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, terá lugar ás 13:00 horas na Aula 1 do CHUS.
Participan no debate o coordinador do Grupo Nacional de Consenso sobre Vacinas VPH, Javier Cortés Bordoy, e o doutor do Servizo de Xinecoloxía do Hospital de San Jorge de Huesca, Jose Manuel Ramón y Cajal. Modera Martinon-Torres, do Servizo de Pediatra do CHUS.

The contents of this page were updated on 09.08.2009.